Día de comunións (26/06/2009)

 

 Nun dia bonito que da comenzo o verán a igrexa de S. Bartolomeu acolleu un acontecemento como non se tiña visto en Arou dende facía moitos anos.

Seis nenos e catro nenas celebran un dia dos mais felices da súa vida, nervosos afrontanse a recibir a sua Primeira Comunión.

Moitos asistentes,familiares e amigos acompañanos neste bonito dia.

A igrexa rexistrou un cheo absoluto, e a misa foi acompañada por un coro de Vimianzo.

Despois de acabar a misa, as fotos de rigor cos familiares, e de seguido todos-los invitados a dar conta dun bon xantar.

FELICIDADES RAPACES.


Eleccións o parlamento Europeo (13/06/2009)

Por primeira vez dende a súa inauguración celebráronse unhas eleccións no Centro Socio/ Cultural  "A Estivada" nun dia chuvioso case que de inverno, pero apesares disto a xente foi cumprir co seu deber de votar.

E vaia se o fixeron os 222 votantes que participaron.

O PSOE 106, o PP 106 e o BNG 10 votos, así foi o reparto, empate técnico.

O final todos contentos e ata a próxima.


Charla / Coloquio co Sr. Alcalde (03/06/2009)

 

 

Este domingo tivo lugar na casa do pobo unha charla co Alcalde do Concello de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León ( Pichurri ), dáda a hora (as catro da tarde) e o  bo dia que facía, foron poucos os asistente, ou igual os problemas do pobo non interesan,tamen pode ser,como sempre que o resolvan outros como sempre. Os asistentes non perderon o tempo e plantexaron moitas preguntas a o Alcalde tales como: O TDT, o asfaltado da pista do cacho do bolo, as luces no paseo de madeira, a limpeza das praias, a depuradora, entre outras, o cal o Alcalde comprometeuse a levalas adiante nun curto prazo de tempo.